No marco deste proxecto, cada catro anos realízase unha recollida de datos co obxectivo principal de obter unha visión global dos estilos de vida dos adolescentes e dispoñer así de ferramentas útiles para o debate sobre a promoción da saúde nesta poboación. Neste estudo, seguindo as directrices da OMS, enténdese por saúde o estado completo de benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidades. Por este motivo o cuestionario recolle datos relativos a diferentes ámbitos: relacións familiares, relacións cos iguais, o contexto escolar, axuste psicolóxico, alimentación e dieta, consumo de substancias e actividades sedentarias. |